Comezamos este novo curso compartindo unha fin de semana en Panxón; pero o 1 de outubro temos que estar todos na Facultade de Psicoloxía. Por qué é importante que tod@s asistamos o día 1 de outubro?
-Porque ese día, segundo as preinscricións recibidas procederase á distribución de nenos e nenas nos distintos grupos de obradoiros.
-Debido ao gran número de solicitudes de nova incorporación á asociación, é preciso saber o nº de prazas vacantes de cada grupo para ofertarllas ás familias que están en lista de espera e valorar a necesidade de desdobramento de grupos
-Cada nen@ coñecerá ao seu monitor/a e o grupo que lle corresponde, así o día 15 os grupos funcionaran a pleno rendemento.
**Recordade que os que non realizarades a reserva dos obradoiros para o próximo trimestre se non acudides o día 1 enténdese que renunciades aos mesmos.
Cronograma de actividades previsto para o día 1 de outubro:
10.00-10.30h. Recepción de nov@s pais e nais. (aula 4)
10.30-11.00h. Presentación d@s monitor@s e distribución de nen@s en cada grupo (aula 1). A continuación os nenos e nenas acompañaran ao seu monitor/a a outra aula onde lles explicará polo miúdo en que vai consistir o obradoiro a desenvolver no próximo trimestre .
10.30-11.00h. Presentación oficial do curso aos soci@s para informar das actividades e proxectos a desenvolver para o curso 2011-12 (aula 7). Contaremos coa presenza da señora Decana da Facultade de Psicoloxía da USC, Dona Carolina Tinajero Vacas e Cándido Pazó, autor teatral, actor e escritor.
11.15-12.15h. Representación da obra teatral “O MERLO BRANCO”, de Cándido Pazó, no Salón de actos, a cargo do grupo de teatro "Os Tolilates".
Gustaríanos que pais, nais, nenos e nenas puideramos gozar da representación da obra teatral “O merlo branco” de Cándido Pazó, nesta ocasión, representada de balde pola compañía de teatro “Os tolitates”. Asistir a representacións escénicas dende idades temperás acompañados por os máis achegados, sen dúbida, constitúe unha fonte de entretemento e de aprendizaxe única para os nosos fillos e fillas.
Aproveitamos este envío para informarvos da próximas convocatorias de Asembleas Xerais Extraordinarias nas que abordaremos temas de interese para o futuro da nosa Asociación. Para máis información, consultade a web de ASAC.
Sen máis, e en espera de que nos vexamos tod@s o vindeiro sábado día 1 de Outubro, recibide un afectuoso saúdo.
Xunta Directiva De ASAC
"Papá Merlo" e "Mamá Merla", esperan unha cría e que cando esta nace levan unha gran desilusión ao comprobar que este é branco en vez de negro, como o resto da especie. Rexeitado polos seus pais, o pequeno decide irse de casa, onde comezarán as súas aventuras. O merlo branco pronto comprobará a inxustiza de verse discriminado polo simple feito de ser diferente aos demais, o que o levará a comezar un periplo polo mundo que o rodea co obxectivo de atopar a súa propia identidade. Polo camiño toparase con diferentes personaxes que o axudarán a aprender que as cousas non son sempre o que parecen e inculcaranlle a importancia da autoestima, a aceptación da propia condición e a partir de aí, a aceptación da diferenza e da pluralidade. Mediante unha grande variedade de recursos escénicos, tanto visuais como sonoros, resulta unha historia repleta de situacións atractivas para os máis pequenos e pequenas.
As actividades do primer trimestre están publicadas no portal (sección de actividades), aquí tedes a programación completa das mesmas incluindo as descripcións dos talleres que se levarán a cabo.