"MARCOS E LUCÍA SON SUPERDOTADOS"
Documento elaborado por especialistas da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago, no que se aborda o tema das altas capacidades dun neno e unha nena, dende a perspectiva das familias, dos centros educativos, e dende a propia visión dos rapaces.
Pódese descargar en formato PDF, facendo click na imaxe superior. |
|
"TEÑO UN FILLO/A DE ALTAS CAPACIDADES. COMO DEBO ACTUAR?"
O medio familiar pode contribuír enormemente ao desenvolvemento das capacidades do neno ou nena ao axudarlle mediante a estimulación que a propia familia proporciona aproveitando os recursos que a comunidade ofrece e colaborando estreitamente co centro educativo ao que asista o alumnado.
Para isto é conveniente ter en conta as seguintes reflexións que, como froito da experiencia educativa, fan a maioría dos estudosos deste campo:
[...]
Para isto é conveniente ter en conta as seguintes reflexións que, como froito da experiencia educativa, fan a maioría dos estudosos deste campo:
[...]
ENTREVISTA A DAVID OTERO NO PROGRAMA "PREESCOLAR NA CASA" (RTVG)
Nesta interesante entrevista a DAVID Otero, mestre, escritor e axitador cultural, fainos unha panorámica dos nenos e nenas de altas capacidades: os faltos mitos, as carencias do sistema educativo, as familias, e moito máis.
Máis información de David Otero AQUÍ. |
PARA AMPLIAR INFORMACIÓN:
|
EL PEQUEÑO TATE
Película recomendada para ver en familia |
CONTACTE CONNOSCO
Se vostede sospeita que ten un fillo ou filla de altas capacidades, ou ben xa deu o paso do diagnóstico, non dubide en poñerse en contacto con ASAC. Poderemos informalo de todo canto sexa posible, e coñecerá moitos casos similares doutras familias. Ademais, contamos co asesoramento a familias de especialistas da Universidade de Santiago, así como de actividades dirixidas aos rapaces e rapazas. Consulte os nosos datos na sección de CONTACTO. |