A necesaria recepción inicialO primeiro día de comezo de calquer actividade sempre é especial. Por iso en ASAC a recepción de novos pais trátase de forma individualizada.
|
Para calquer dúbida ou aclaración non dubide en contactar con nos (modos de contacto)
|
Recepción de novos pais e nais
Unha vez realizados os contactos preliminares a través dos medios que poñemos á súa disposición (Contacto) serán vostedes convocados a unha reunión que se celebrará na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago nun dos días de celebración de actividades. O obxectivo da reunión é múltiple: por un lado manter unha reunión persoal para clarexar as dúbidas que puideran ter; por outro coñecer en persona á xente que forma a ASAC; e por último, ver o funcionamento das actividades de enriquecimento que se realizan. É altamente importante aportar o informe acreditativo de condición de altas capacidades para favorecer o labor do equipo técnico.
A reunión é solo para os páis/nais/tutores legáis dos nenos e nenas.
É recomendable que os nenos e nenas non asistan a esta reunión
A reunión é solo para os páis/nais/tutores legáis dos nenos e nenas.
É recomendable que os nenos e nenas non asistan a esta reunión
Documentación a traer cumprida.
Os novos pais deben de traer cumprida a seginte documentación:
— Folla de solicitude de admisión (descargar o pdf).
— Folla de cesión de imaxe asinada tanto pola nai e pai (descargar o pdf).
— Copia do informe no que conste a valoración de altas capacidades.
— Folla de solicitude de admisión (descargar o pdf).
— Folla de cesión de imaxe asinada tanto pola nai e pai (descargar o pdf).
— Copia do informe no que conste a valoración de altas capacidades.
|
|