UN POUCO DE HISTORIA
Pequena historia da asociación, obxectivos,
actividades desenvolvidas, etc:
¿De
onde vimos?
AS.A.C é unha Asociación de Altas Capacidades, que foi constituída no ano 1995 coas seguintes finalidades:
1. Facilitar unha educación adecuada ás persoas con altas capacidades.
2. Favorecer unha apropiada formación das nais e pais o mesmo que as educadoras e educadores para unha mellor comprensión e tratamento das persoas de altas capacidades.
3. Potenciar as investigacións en altas capacidades.
AS.A.C grazas á colaboración da Faculdade de Psicoloxía, dispón dun lugar no que desempeñar as súas actividades, así coma dunha dirección que sitúa a súa sede social no despacho da Profesora e Directora da Unidade de Investigación e Estudo de Altas Capacidades.
AS.A.C nace sen fins lucrativos, financiándose exclusivamente das cotas das súas socios e socios, tendo coma maior característica a pluralidade entre os seus membros, non estando baixo a tutela nin ou dominio de ningunha interese partidista nin relixiosa.
AS.A.C conqueriu no ano 1997 asinar un convenio de cooperación coa INEF da Coruña de xeito que se puideron desenvolver diversas actividades nas súas instalacións ó longo de dous anos. Algo do que non dispoñemos dende o ano 1999.
¿Quen somos?
AS.A.C está formado por nenas e nenos de altas capacidades que previamente foron diagnosticados por persoal especializado da administración ou por centros especializados, que dende ese intre participan e son destinatarios das actividades que desenvolve a asociación.
Non podemos obviar que este feito fai que sexamos a día de hoxe 454 socias e socios das diversas bisbarras de Galiza. É a realidade é que a maioria das nenas e nenos con altas capacidades, pertencentes ás clases humildes, teñen poucas probabilidades de poder desenvolver o seu potencial cognitivo adecuadamente.
Contamos co Cómite Técnicoasí coma con profesionais interesados na temática, principalmente do campo da psicoloxía e do ensino, coma unha equipa de psicólogas para traballar con todas as socias e socios.
¿Que facemos?
Debido a carencia na que está inmersa Galiza en canto a programas de enriquecemento, adaptacións curriculares e outros aspectos que consideramos importantes, entendemos que debemos desempeñar as funcións a nível nacional que neste intre ninguén amosa. Sempre sen deixar de lado a reivindicación do cumprimento das diversas normativas vixentes; que o goberno da Galiza, teña a ben atender.
As actividades que levamos a termo estructúranse en tres trimestres, coma un curso escolar, desenvolvéndose de xeito quincenal (cada dous sábados) na Faculdade de Psicoloxía. Podemos agrupalas en cinco bloques independentes:
Técnico profesional:
1. Publicación da revista “FAÍSCA” de periodizade semestral, na que se tratan temas de investigación e divulgación.
2. Presenza e colaboración en congresos que por mor do tema se veñen realizando noutros puntos da Península (Porto, Algarve, Madrid, Valencia, Zaragoza...) nos que a través de ponencias se presenta o traballo que se está desenvolvendo dende AS.A.C
3. Simposium de Superdotación con asistencia de profesionais e intelectuais a nível internacional.
4. III Xornadas SINDUR
5. Congreso Internacional de Altas Capacidades en Filandia (setembro 2006)
6. Xornadas sobre Integración Social: Aqui collemos todas e todos, Faculdade de Xornalismo, Santiago(outubro de 2006)
7. VI Congreso Internacional de Altas Capacidades en Finlandia (outubro 2006)
8. Xornadas de Altas Capacidades e Superdotación, Fundación Caixa Galicia. Santiago (abril 2007)
Programa de enriquecemento:
O programa de enriquecemento estase a levar a termo grazas ó apoio ca Universidade de Santiago, que nos permite facer uso da Faculdade de Psicoloxía para o desenvolvemento das actividades, coma xa mencionamos anteriormente.
As actividades véñense realizando cunha periodicidade quincenal e participan nenas e nenos procedentes de todo o País. Divídense en catro grupos para obter unha maior efectividade no traballo, pero tendo en conta as súas características, pódense mesturar segundo as súas inquedanzas:
1. GRUPO A: de 6 até 9 anos
2. GRUPO B: de 10 até 13 anos
3. GRUPO C: de 10 até 13 anos
4. GRUPO D: máis de 14 anos
Nestas xuntanzas lévanse a termo actividades lúdico–formativas, coma por exemplo: xadrez, lingua de signos, montaxe fotográfica, obradoiros de novas tecnoloxías, obradoiro de creacións, o nacemento de Compostela, xogos populares, teatro, traballar en valores... todas elas dirixidas por monitoras e monitores especialistas na materia e supervisadas por profesionais de psicoloxía, pois forman parte do programa de investigación e atención as nenas e nenos da asociación.
Temos que facer unha mención especial á actividade de novas tecnoloxías, que comezou grazas á Asociación, á Unidade de Investigación e Estudos en Altas Capacidadese á colaboración do Concello de Brión, que puxo o noso dispór as instalacións, os medios... (pódese ver na páx web: www.infrobrion.com)
Cabe dicir que as rapazas e rapaces están a confeccionar a nosa propia páxina web, actualizando certos aspectos coma a lingua, que anteriores directivas da Asociación non tiveron en conta, e que vén de ser incluído nos Estatutos da mesma á entrada da nova directiva; a páxina en cuestión é: http://www.altascapacidades.org/
Nunca nos esquecemos da cultura e tradicións galegas, polo que sempre promovemos actividades e visitas ó noso entorno, para que todas e todos os socios coñezan fondamente o seu País, consideramos isto coma algo imprescindíbel. Entre estas visitas queremos reseñar algunhas:
1. Serra dos Ancares, traballouse un trimestre para coñecer a súa etnografía, fauna, flora... e logo reflectíronse eses coñecementos in situ.
2. Compostela, Museo Contemporáneo e Museo do Povo Galego
3. Vigo, Museo do Mar, monte de Santa Tecla
4. Ferrol, visitando os Castelos, o Museo Naval, o Barrio da Magdalena, unha visita por toda a Ría, Museo de Historía Natural
5. As Fragas do Eume, Mosteiro de Caaveiro, o de Monfero.
6. San Xoán de Río, onde fixemos actividades coma tiro con arco, iniciación ó golf, xogos tradicionais galegos, iniciación á astronomía, obradoiros de teatro e monicreques... incluíndo a visita á Fraga de Navea
7. Padrón, visitando a casa da máis ilustre escritora do País, Rosalía de Castro
8. Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán
9. Riveira
10. Illa de Arousa
11. Cotorredondo...
Escola de nais e pais:
Aproveitando a presenza das nais e pais que veñen a traer as nenas e nenos, realízanse charlas informativas e formativas sobor dos temas de interese a cargo das especialistas correspondentes: “A presenza das drogas”, “Fracaso escolar”, “Problemas de conduta”, “A nova lei de Ed. Especial”...
Programas de investigación:
O Cómite Técnico, co obxectivo de posibilitar a detención de nenas e nenos de altas capacidades en toda Galiza, desenvolveu dende o mes de marzo do ano 1996 até abril do 1997, un programa de traballo no que se observou ó redor de 13.000 rapaces repartidos entre colexios públicos, privados e concertados, así como no ámbito rural e urbano. Dito traballo foi financiado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza, a quen se lle entregaron, por AS.A.C, os resultados definitivos en xuño de 1997.
Este traballo supuxo unha maneira de espallar esta realidade, que en moitos casos, por nova, resulta tamén descoñecida na maior parte dos ámbitos educativos.
Actividades externas:
AS.A.C considera imprescindíbel o contacto coa sociedade, as entidades e institucións que a representan para deste xeito dar a coñecer as particularidades destas rapazas e rapaces de altas capacidades e obter unha mellor integración na sociedade.
Intentamos ter relacións cos medios de comunicación:
1. Na radio: Radio Voz de Lugo, Radio Galega, Radio-Líder,COPE...
2. Na prensa: Diario de Ferrol, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, El Ideal Gallego, Diario de Arousa, Diario Qué...
3. Na rede: culturagalega.org, galicia-hoxe.com, elcorreogallego.es, nas novas de xunta.es...
4. Na televisión: Localia TV Compostela, TVG, TVE 1...
O noso paso pola Faculdade de Xornalismo serviu para que o seu alumnado quixera facer documentais, traballos, artigos... obténdose moi bos traballos coma “Raíz cadrada de nove”
Neste curso imos ver un dos nosos soños feitos, estase a traballar nun documental co tema das Altas Capacidades, xa comezouse a traballar nel a finais do curso e neste trimestre rematarase a súa gravación. Verémolo na Televisión Galega.
Despois de todo o que se foi conquirindo dende os principios ata hoxe, é polo que queremos invitarvos a integrares na Asociación para seguer loitando por unha calidade educativa para as nosas fillas e fillos.