O curso xa está máis que en marcha e este ano queremos reforzar cos rapaces e rapazas cuestións que no axetreo do día a día non hai tempo para abordar en profundidade. Por iso, o longo do ano, organizamos sesións para grupos reducidos e diferentes ciclos, onde poidamos traballar específicamente:
- Técnicas de estudo
- Comprensión lectora
- Análise e comentario de texto
- Animación a lectura
- Creatividade
Este venres día 30 de novembro temos obradorios de TÉCNICAS DE ESTUDO para grupos reducidos (máximo catro persoas) de primariae secundaria.
O próximo calendario de actividades o estamos organizando conPapel Salado para NADAL (26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro). Por unha banda haberá actividades de reforzo académico: técnicas de estudo, análise de texto, animación a lectura. Pero tamén, aproveitando este periodo de descanso, deixamos tempo para obradoiros máis lúdicos e creativos como a fotografía alternativa, estampacióne poesía visual.
Tedes aquí a información do obradoiro de TÉCNICAS DE ESTUDOdeste venres e o noso contacto.
Saúdos e boa semana, María e Clara.
ACUME DIDÁCTICA
www.acume.es
blog.acumeformacion.com
986 07 88 99 / 677 75 72 57