Or rexistro é gratuito e faise directamente dende a web de ASAC no seguinte enlace: http://www.altascapacidades.org/xornadas-de-formacioacuten.html
Ante a crecente demanda de información e formación por parte de docentes, equipos directivos e Deptos. de Orientación sobre a atención ao alumnado de altas capacidades, ASAC, en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, a través da súa UNIDADE DE ESTUDO E INVESTIGACIÓN EN SUPERDOTACIÓN, organiza a I XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA DOCENTES: "APROXIMACIÓN PSICOEDUCATIVA ÁS ALTAS CAPACIDADES"
Or rexistro é gratuito e faise directamente dende a web de ASAC no seguinte enlace: http://www.altascapacidades.org/xornadas-de-formacioacuten.html O vindeiro sábado 3 de decembro temos unha nova xornada dos obradoiros de ASAC.
No horario habitual 10:30 a 13:30 desenrolaranse os obradoiros e contaremos cunha nova escola de pais, esta vez coa intervención de Carmen Pomar. O día 3 de decembro o obradoiro do grupo J desenvolveraseno CGAC de 11 a 13h polo que os rapaces e rapazas teñen que acudir ao Cgac en vez de á facultade de psicoloxía para visitar a exposición titulada The Crooked Path do fotógrafo canadiense Jeff Wall, onde examina o contexto que propiciou o desenvolvemento da súa obra e explora as íntimas interconexiones entre o proceso creativo do artista e as influencias e indagacións que marcaron dito proceso. O día 17 de decembro desenvolverán una actividade didáctica relacionada coa visita a esta exposición na facultade de psicoloxía no horario habitual de 10.30 a 13.30h. @s nen@s do grupo I van rodar nos arredores da facultade os días 26 de novembro e 3 de decembro, necesitan traer roupa e atrezzo para rodar a curtametraxe: mochila con libros, roupa de rapero, gorras que poidan manchar. Ampliación de prazo, DNI dos Grupo G, H, I Como xa sabedes precisamos o número de DNI dos rapaces pertencentes a estes grupos por mor de habilitar as contas nos ordenadores do laboratorio. Aqueles que non o facilitárades todavía podedes envialo á seguinte conta de mail antes do día 16/12/2011 : [email protected] Normas nas actividades Na sección actividades publicanse as normas que teñen que cumplir os rapaces no desenvolvemento das actividades tal e como foi informado na asamblea do sábado 26/11/2001. Como xa sabedes o vindeiro día 26 de novembro temos xornada en ASAC.
O calendario previsto para a xornada é o seguinte: Obradoiros de enriquecemento No horario habitual de 10:30 a 13:30 Podedes consulta os obradoiros neste mesmo portal na sección Actividades, onde aparecen desglosadas por grupos. Recepción de novos pais A recepción dos novos pais que queran achegarse a ASAC realizarase ás 10:40 Reunión informativa Información ós soci@s de ASAC 11:00-12:00 Escola de Pais Xusto despois da reunión informativa terá lugar a escola de pais impartida por Fuco. NOTA Como xa sabedes precisamos o número de DNI dos rapaces pertencentes ós grupos G,H,I por mor de habilitar as contas nos ordenadores do laboratorio. Aqueles que non o facilitárades todavía podedes envialo á seguinte conta de mail antes do día 22/11/2011 : [email protected] A pasada semana publicouse na rede o portal da confederación española de altas capacidades intelectuales, CONFINES, da que ASAC é membro fundador.
O novo portal tenta ser unha carta de presentación á sociedade da nosa realidade, da unión das diferentes asociacións de pais e nais ó longo do estado para , entre outros moitos aspectos, compartir experiencias de éxito tanto educativas como sociais, fomentar o coñecemento e a formación nas altas capacidades e para acadar os dereitos que os nosos fillos teñen recoñecidos pero non aplicados na realidade do noso día a día. O portal nace inicialmente de un xeito sinxelo, explicando o sentido da confederación, os seus fines e obxetivos e presentando a estructura interna da confederación , unha estructura interna accesible, que como poderedes ver, está axustada á todos os eidos do noso ámbito. O obxetivo e potenciar a confederación para gañar máis representatividade e forza e o portal será unha das ferramentas activas que axudarán a acadalo. www.confines.es Convócase o concurso para o deseño do logotipo da nova confederación a que pertencemos, CONFINES.
Poderán participar todos os nen@s das asociacións pertencentes. Cada asociación recepcionará os deseños dos seus nen@s e seleccionará 3 de eles que son os que competirán por ser o finalmente elexido. Os desenhos podedes entregalos ben en papel ou en formato dixital, no primeiro caso podedes entregalos directamente un sábado de actividades a calquer persoa da directiva, no caso de formato electrónico podedes envialo ó seguinte enderezo de mail : [email protected] Como sabedes CONFINES é a confederación española de asociacións de altas capacidades da que ASAC é membro fundador. Entre os obxetivos están acadar maior representatividade a nivel estatal e establecer lazos de unión con outras asociacións como a nosa. O logotipo será o símbolo da confederación en todas as súas vertentes, tanto no portal web, que pronto verá a luz, como no resto de comunicacións que podan ser xeradas. Dende aquí convidámos a todos os nenos a que participen con seus deseños. AVISO IMPORTANTE
MATERIAL PARA Ó GRUPO D; FABRICANDO CINE COAS MIÑAS PROPIAS MÁNS. Cada un dos participantes no obradoiro teñen que traer unha carpetilla de plástico con: folios, tixoiras, lápices, lápices de cores, afila e goma de borrar. Asimesmo, é MOI IMPORTANTE que as familias que dispoñades de ordenador portátil e/ou webcam (externa) e/ou trípode e o poidádes traer as sesións dos sábados nolo notifiquedes antes deste sábado ó seguinte correo [email protected],e avisarásevos de quen ou quenes sodes os encargados de aportar ditos materiais. Xa levamos algún tempo recopilando videos que podan ser do voso interés relacionados coas Altas Capacidades, algún de eles son entrevistas a persoas de ASAC.
Todos estes videos, na medida do posible, incluímolos nun perfil de Youtube para formar así unha pequena videoteca disponible. Podedes acceder dende o menú do portal ASAC (ASAC=>Canal Youtube) ou directamente dende Youtube no seguinte enlace : http://www.youtube.com/user/portalAsac |