Podedes oir o programa no seguinte enlace (Enlace)
Carmen Pomar, coordinadora técnica de ASAC e David Gómez, responsable da área de precoces participaron este domingo 29/05/2011 no programa Preescolar na casa da Radio Galega.
Podedes oir o programa no seguinte enlace (Enlace) O vindeiro sábado día 21/05 as 11:30 terá lugar a Presentación pública do novo PORTAL DE INTERNET DE ASAC (Asociación de Altas Capacidades de Galicia). O portal ASAC é un instrumento no que conflúen varios obxectivos. Por unha banda, serve de canle de comunicación entre as persoas socias do colectivo, compartindo documentos,informacións útiles e avisos de toda clase. Pero a función primordial é a de actuar como vehículo de información e formación para diferentes sectores da sociedade relacionados co mundo das Altas Capacidades cognitivas. Contaremos coa participación especial de representante/s da Consellería Educación e Ordenación Universitaria Xunta de Galicia, María Solar: Bióloga, xornalista, escritora e presentadora de televisión. Jorge Mira Pérez: físico, investigador, divulgador científico e colaborador en diferentes medios de comunicación e Carmen Pomar Tojo: profesora de Psicoloxía da USC, integrante da Directiva e asesora técnica de ASAC. O acto terá lugar na Sala de conferencias do Centro Social Caixanova Santiago de Compostela situado na praza de Cervantes en Santiago as 11:30 horas (mapa). As horas das actividades dos nenos adecuaranse de tal forma que todos os pais podamos asistir o evento. Os nenos do grupo de precoces poderán quedar na aula con as nosas monitoras (Johanna e Vanesa) xa dende as 11 para que os pais/nais que o desexen podan asistir ó acto. Os nosos monitores acompañarán ós rapaces durante o descanso dos talleres así como nos cambios de aulas para facilitarnos a asistencia ó evento. Cómo chegar?
Na praza de Cervantes non se pode aparcar, adxuntamos mapas de Google Maps con os parkings máis cercanos e a rutas para chegar: PARKING COLEGIO LA SALLE Dende a facultade ate o parking: Enlace a Mapa Dende o parking ate a praza, andando: Enlace a Mapa PARQUING XOAN XIII Dende a facultade ate o parking: Enlace a Mapa Dende o parking ate a praza, andando : Enlace a Mapa PARKING SAN CLEMENTE Dende a facultade ate o parking : Enlace a Mapa Dende o parking ate a praza, andando: Enlace a Mapa Hoxe a radio galega fixo unha nova entrevista a ASAC no programa "Galicia por Diante". A emisión realizouse hoxe 18/05/2011 as 10:05 da mañá e participaron Ramón Fernández Luaces e Ana Rivera Rozada representado a ASAC.
A locución podedes escoitala directamente na web da crtvg (http://www.crtvg.es/RG/acarta.asp) e seleccionando o programa "Galicia por Diante" (10:05). Este enlace é volatil e só estará unhos días na web polo que adxuntamos o ficheiro con a entrevista completa en mp3 que podedes descargar do noso portal no seguinte enlace: Entrevista. Televigo realizou unha longa entrevista a dous membros da comunidade de ASAC. No percurso da entrevista dase a coñecer a nosa asociación e perfílanse os rasgos básicos dos membros noso colectivo. Noraboa a María e Cris pola súa labor e polo "bizcocho". A TVG entrevistou onte á coordinadora técnica da ASAC, Carmen Pomar. A entrevista realizouse dentro do programa "Bos Días". Aquí tedes o vídeo da magnífica entrevista que foi realizada. Estalmat Na web do Estalmat Galicia (proxecto para a detección e estímulo do talento en Matemáticas) están disponibles os formularios para a inscripción ás probas para o próximo curso. Os formularios podedes atopalos na propia web do estalmat na seguinte dirección: formularios
|