OBRADOIRO DE TÉCNICAS DE ESTUDO
Os Venres 20 de abril, 4 e 18 de maio, 8 e 22 de xuño
Primaria: 17.30 a 19.30h
Secundaria: 17.00 a 19.00h
Grupos de seis persoas (máx.)
Duración: dúas horas
Prezo: 15 €
Desde o noso centro de apoio educativo, coñecemos as necesidades que reclaman os rapaces e rapazas no seu traballo diario para evitar a sensación de fracaso ante os resultados académicos.
É certo, que os malos ou escasos resultados poden deberse a diversos factores: ambientais, persoais, psicolóxicos… os cales, varían en cada persoa. Aínda así, coñecer e aplicar unhas técnicas de estudoconcretas, creativas e personalizadas é fundamental para todos os estudantes. Polo que, dispoñer dunha boaplanificación e organización; traballar a comprensión lectora e análise; potenciar a concentración e a memoria, favorecerá os resultados académicos e incrementará a autoestima do alumno.
O texto, a escritura e a imaxe será a base para traballar co grupo de primaria, a través do xogo fomentaremos acreatividade e a imaxinación. Cos estudantes de secundaria, comezaremos por revisar e perfeccionar as súas costumes e hábitos no estudo, e coñecerán o xeito de aplicar métodos e técnicas novas, mediante exercicios