COMPARTA A SÚA EXPERIENCIA NA AULA
Se vostede é docente e está levando a cabo unha práctica innovadora que potencie a creatividade, atenda a diversidade, traballe por proxectos, ou simplemente ten alumnado de AACC, pode compartir a súa experiencia neste apartado [contacto]
CHARLA DE ASAC NO CEIP CURTIS
A Dra Carmen Mª Pomar e o profesor e ilustrador Xosé Tomás visitaron, en nome de ASAC, o CEIP Curtis, para impartir unha charla ao equipo docente.
Carmen Pomar, coordinadora técnica de ASAC, e profesora na Facultade de Sicoloxía da USC, contextualizou a situación do alumnado de AACC dende un punto de vista teórico-práctico. Pola súa banda, Xosé Tomás, profesor no IES Melide, expuso unha serie de dinámicas postas en práctica na aula. |
A "AULA INTELIXENTE" DO CEIP A MAGDALENA,
DE AS PONTES
O CEIP A Magdalena, de As Pontes, vén de iniciar
unha experiencia para fortalecer a atención á diversidade dentro da aula. Nun
grupo de 3º de Primaria, e partindo da
presencia de alumnado diagnosticado de altas capacidades intelectuais, a clase
converteuse nun lugar de estímulos múltiples, de recunchos temáticos, de tal
maneira que os rapaces e rapazas se converten nos principais actores do proceso
de ensino-aprendizaxe.
Falamos co equipo docente e a orientadora:
ASAC: Como xorde esta iniciativa?
E.D.: Esta iniciativa xorde como estratexia para organizar unha resposta educativa para un alumno diagnosticado de altas capacidades.
ASAC: Podería contarnos en que consiste exactamente un “aula intelixente”, tal e como a conciben no seu centro?
E.D.: É un aula organizada por recunchos con diversidade de actividades e materiais que permite dar resposta ás necesidades de cada alumno/a. Cada un acércase aos diversos xogos e actividades dende a súa propia situación intelectual, abríndose un abanico de posibilidades en cada un deles que lle permite adaptarse ao seu propio ritmo.
ASAC: Como foi a resposta do alumnado ante estes cambios?
E. D.: Foi moi positiva. Supón un esforzo maior nas tarefas cotiás para pasar aos recunchos nos que o alumnado traballa de forma individual sen estar dirixido.
ASAC: Que demanda este tipo de clase?
E.D.: Unha maior diversidade de metodoloxías.
ASAC: Que papel xoga o Departamento de Orientación e o equipo docente implicado no grupo? Esixe esta nova estratexia unha dinámica cooperativa entre os docentes?
E.D.: Todo o Equipo Docente e o Departamento de Orientación estamos implicados tanto na elaboración como no seguimento deste proxecto.
Xa estábamos a traballar cunha dinámica cooperativa na busca de estratexias e recursos sendo este proxecto unha das medidas adoptadas.
ASAC: Aínda que esta iniciativa foi en orixe levada a cabo por mor de atender ao alumnado de AACC, ¿estase a comprobar un beneficio para o resto do grupo incluso para os que non teñen necesidade educativas específicas?
E.D.: Si. Xa que é unha actividade que fomenta a autonomía, a responsabilidade, a motivación e a cooperación.
ASAC: Por favor, una anécdota da “aula intelixente”.
E.D.: É difícil puntualizar unha, pero observamos que os recunchos espertan moita curiosidade e expectación por moitos aprendizaxes.
ASAC: Moitas grazas, e parabéns pola iniciativa.
E.D: Grazas

Para saber máis das "Aulas intelixentes", e da utilización dos espazos e os recunchos na aula, visite a nosa sección "RESPOSTAS E MEDIDAS EDUCATIVAS"
O proxecto "STARRY NIGHT" - IES Melide
Dende o Departamento de inglés do IES Melide, estase a levar a cabo un proxecto en internet para o desenvolvemento da creatividade.
Con formato de páxina web, creouse unha revista dixital coa intención de dar saída á creatividade dun grupo de alumnos de AACC, así como de todos os demais, de 1º de ESO. Para os diferentes apartados asígnanse, entre o alumnado, diferentes responsables de seccións. Os seus cometidos son, ademais de produciren materiais para as seccións, coordinar a outros estudantes, facer de reporteiros, atentos a calquera material susceptible de ser publicado (coa intención de fomentar as súas habilidades sociais). Así mesmo, teñen o compromiso de atraer a outros ao proxecto, así como de descubrir os talentos doutros compañeiros (escribindo, fotografiando, pintando, entrevistando, montando vídeos,...).
O proxecto adquire especial importancia en tanto que se converte nunha extensión da clase de inglés: isto fai que os alumnos e alumnas rompan as barreiras da aula, para converterse en redactores as fins de semana, ou a calquera hora do día, dende as súas casas. O traballo que eles mesmos suben á revista é de novo utilizado na aula, de maneira que segue un patrón de retroalimentación. Aprovéitase tamén a liberdade creativa do soporte para fusionar e relacionar diferentes campos do saber e formas de expresión (creación literaria + música; vídeo + música; creación plástica + música + texto; etc.).
Compróbase que unha ferramenta inicialmente concebida coma un modesto programa de enriquecemento para un grupo reducido, contribuiu de maneira enormemente positiva para todo o alumnado do nivel.
A única condición establecida para a participación en Starry Night é que todo ha de ser publicado e inglés. Pódese visitar aquí.

"LA GENERACIÓN DIGITAL"
Artigo publicado en FARO DE VIGO
o 21 de febreiro de 2011, recollendo experiencias docentes diversas,
cun denominador común: a integración das ferramentas TIC no proceso de
ensino-aprendizaxe:
|
EMULANDO A "CINEMA PARADISO"
COLEXIO MARISTAS DE VIGO
Unha fermosa experiencia levada a cabo por dous profesores de 1º e 2º cursos de E. Primaria, na que se elaboran curtametraxes co alumnado.
Un bo exemplo de interdisciplinariedade, posto que no proxecto se teñen
en conta non só nocións de linguaxe audiovisual, senón que se poñen en
práctica conceptos lingüísticos, narrativos, e faise uso das ferramentas
informáticas.
Pódese consultar a memoria e avaliación da experiencia AQUÍ. |
ARREDOR DE MIGUEL HERNÁNDEZ
COLEXIO MARISTAS DE VIGO
Un proxecto de colaboración entre os Departamentos de Lingua e Literatura Española, Historia e Informática arredor da figura e a obra de Miguel Hernández.
Pódese consultar o dossier do proxecto nestes documentos: |
ESCRITURA CREATIVA en 3º de ESO
por María Álvarez (Colexio Maristas de Vigo)
Las dos actividades que os propongo son
perfectamente válidas para realizar con toda la clase. Los alumnos de altas
capacidades necesitan dar rienda suelta a toda la creatividad que llevan
dentro. Con estos dos sencillos ejercicios todos los alumnos son atendidos
y proporcionamos un momento para que sean creativos y rompan con la monotonía.
A veces las clases de lengua pueden convertirse en algo rutinario que cansa y desmotiva a nuestros alumnos. De vez en cuando, para romper la monotonía, y para que puedan dar rienda suelta a su imaginación, realizamos algún ejercicio de expresión escrita partiendo de cuadros o música. Les proyecto un cuadro (empezar por el Guernica no es mala idea) y ellos deben escribir una composición a partir del mismo. El ejercicio consiste en expresar correctamente por escrito su propia interpretación del texto, intentado ser creativos. No se trata, pues, de que “acierten”. Al principio es conveniente darles algunas indicaciones (deben tomarse su tiempo, meditar cómo escriben…). Cuando falta poco para terminar la clase, aquellos que quieran pueden leer su redacción. Suelo acompañar este ejercicio de música clásica.
En Literatura hago un ejercicio similar con música, haciendo audiciones con obras de la época que estudiamos. No les resulta tan sencillo, les cuesta más, pero los alumnos que he tenido de altas capacidades, realizaban muy bien este ejercicio.