FALAMOS CON ... LUIS RODRÍGUEZ CAO
con motivo da presentación do seu libro, PARA QUE LA SOMBRA NO SEA
Luis Rodríguez Cao (1957), É Doutor en Psicoloxía. Responsable da área de Superdotación Intelectual da provincia da Coruña, dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia. Autor de libros e artigos científicos en revistas especializadas de Psicoloxía e Educación.
Como autor teatral publicou O desprezo (2002) e Luz de Sombras (2007). En narrativa publicou El tiempo detenido (2005), A derradeira sinfonía (2005), Los colores de la memoria (2007) e La estrella de agua (2009).
Conversador inesgotable, Luis
Rodríguez Cao practica ese pensamento diverxente que tanto analiza nas ducias
de nenos que pasan polas súas mans. E, coma eles, na charla saca temas a
colación, establece unha e cen conexións con asuntos que veñen ao caso, e volve
ao rego. Afable, cercano e de fonda sensibilidade, a mesma dende a que escribiu
PARA QUE LA SOMBRA NO
SEA.
ASAC: Os protagonistas, o neno e a nena de altas capacidades, semellan dúas illas nun vasto océano. Con profundidade psicolóxica, con matices... inspirouse vostede en alguén para crealos?
LUIS R. CAO: Si, claro. Ainda que todos forman, se se me permite a expresión, poso, sempre hai alguén que che deixa unha pegada máis fonda. Os dous protagonistas están inspirados en persoaxes reais. Cecais por iso non fun quen de rachar co estereotipo de ciéntifico e literata. Dinlle algunha volta a isto e tal vez fose máis correcto identificar ao neno –tan sensible- coa literatura, coa poesía. Pero...
ASAC: Cal foi a motivación última que o levou a trasladar á ficción un tema tan delicado e descoñecido como o mundo das altas capacidades?
LUIS R. CAO: Levo xa moito tempo adicado a eles. Máis dunha década. Por suposto tiven ocasión de ler, escoitar e intercambiar opinións máis ou menos científicas con outros profesionais. Pero sentín que faltaba algo... E en min sempre estivo a vocación literaria. Penso que esta aproximación dende a literatura pode ser unha vía excelente de coñecemento destes nenos. E púxenme mans a obra.
ASAC: Existen moitas “Doña Hechos” no noso sistema educativo? É dicir, abondan os docentes que se negan a ver unha realidade e aceptar que os nenos e nenas non son todos iguais... senón todos diferentes?
LUIS R. CAO: Algo deso hai. Pero penso que o problema radica máis na falla de motivación profesional a que pode conducir un sistema educativo como o noso, tan rutinario. A ilusión polo ensino e a serenidade que ofrece a experiencia deberían poder ir da man. En moitas ocasións é asi. En outras non, por que negalo.
ASAC: No caso dos pequenos protagonistas observamos unha fonda implicación dos pais (dunha nai e dun pai) no seu desenvolvemento como a clase de nenos que son. Imaxino que iso debería ser sempre así.
LUIS R. CAO: A min resúltame difícil de imaxinar a uns pais que non se implican na educación dos seus fillos. Pero esta forma de implicación non ten porque ser igual, depende moito da cultura e clase familiar. Moitos pais confían en que os seus fillos están ben, en boas máns, cando os levan aos centros educativos. E así debería ser. Outros, cecais por formación ou sensibilidade, seguen esta educación máis de perto. Pero a preocupación, o interese e, mesmo, os temores pola educación dos fillos é consustancial a inmensa maioría dos pais.
ASAC: Cal é o papel que a amizade xoga na trama?
LUIS R. CAO: A amizade é a salvación. E a falla de amizade é o fracaso, a soidade. Por iso é tan importante o sentimento de pertenza grupal. Porque os nenos medran e, pouco a pouco, deberán soltar amarras... navegar por si mesmos.
ASAC: Facendo unha extrapolación, e falando de como están as cousas na realidade, ten dito vostede en público que estes rapaces e rapazas son coma unha vaixela delicada. Por que? En que radica a súa fraxilidade?
LUIS R. CAO: Na súa sensibilidade. Sobre todo nesa sensibilidade extraordinaria que os volve fráxiles. E tamén nun sentimento grupal que pode ser máis dificil que noutros compañeiros da súa idade. Polos seus intereses, a súa linguaxe...
ASAC: Por que o sistema non atende correctamente as súas necesidades (específicas, por lei)?
LUIS R. CAO: Non é doado para un sistema tan enorme atender as diversas especificidades. A propia organización en ciclos non logra “cuajar”, manténdose unha estructura en cursos de longa tradicción. E esta estructura é grupal, baseada na idade cronolóxica. Cando os alumnos desbordan as previsións organizativas, o sistema se resinte. Deberíamos atopar mecanismos de flexibilidade organizativa, grupal, non só individual.
ASAC: Como observador cualificado, que o fascina deles?
LUIS R. CAO: A min sempre me fascinou máis a sensibilidade e a creatividade. E a ilusión polo coñecimento. Isto en sentido estricto: facerse preguntas e non aprender respostas estereotipadas a preguntas que ainda os alumnos non se fixeron. Porque eso é a aprendizaxe, as ansias por preguntar e por buscar as respostas. Por iso, as veces, digo que non o estamos a facer demasiado ben cando convertimos en problema o feito de ser intelixentes.
ASAC: Un desexo de futuro...
LUIS R. CAO: No terreo profesional, que Galicia manteña unha posición punteira no achegamento á educación destes alumnos. Nun terreo máis persoal, incidir nunha vía, a literatura, que me enche de satisfacción.

O LIBRO NA PRENSA:
|