Dende ASAC queremos salientar o traballo de profesionais da
educación que acadan logros cualitativos na súa maneira de afrontar o
ensino: experiencias constructivistas, creativas, diversificadoras,...
que atenden a todos os nenos e nenas dende as súas diferentes
necesidades. Que favorecen os ritmos diversos, que xustifican aquelo de
que "os alumnos non son todos iguais... senón todos diferentes".